In Partnership with AOL Search

DMOZ: Open Directory Project

Spam

O spam consiste no envío de páxinas idénticas á mesma categoría moitas veces ou no envío dun sitio a múltiples categorías inapropiadas. Tamén é spam se un envío viola doutra forma as nosas Políticas de Envío ou afecta ao ODP. Un truco que utilizan algúns sitios para conseguir múltiples listaxes no directorio é enviar o seu sitio (ou versións similares do seu sitio ou subsecciones do mesmo) baixo distintos dominios rexistrados. Por exemplo, a compañía Wonder Steak podería enviar tanto www.wondersteaks.com como un URL diferente, www.steaksareus.com, que leven á mesma páxina. O noso obxectivo é manter ao Open Directory tan libre de spam como sexa posible, e os editores alertas ao spam son cruciais para alcanzar esa meta.

Os sitios que repetida ou persistentemente envían spam ao directorio serán bloqueados para envíos, e os seus sitios poderán ser removidos do directorio. Sitios afiliados con spammers coñecidos tamén poderán ser removidos do directorio e/ou bloqueados os seus envíos. Se vostede nota spam repetido na súa categoría, pode escribir ao que envía explicándolle as nosas políticas. Tamén pode dirixilo ás nosas guías de envíos para esclarecer calquera confusión. Se escolle escribir ao que envía os sitios, asegúrese de ser cortés e correcto no seu correo. O uso de linguaxe vulgar e groseiro no correo aos que envían sitios é inapropiado, do mesmo xeito que as ameazas. Por favor cerciórese de aclarar no seu comunicado que vostede non é un representante do staff de DMOZ. Se sente incómodo escribíendole aos spammers detectados, escriba ao staff en DMOZ.staff@teamaol.com co seguinte título -"ODP Spam"- e o staff encargarase diso.

Nalgúns casos, se listarán ligazóns profundas a certos sitios. Nestes casos, as ligazóns deberán ofrecer contido que sexa extremadamente útil para unha categoría en particular, ou o contido deberá ser particularmente único. As ligazóns profundas deberán ser a excepción en lugar de ser a regra.