In Partnership with AOL Search

DMOZ: Open Directory Project

Información sobre Copyright e usuarios da información en ODP

Usuarios da información en ODP

A información do ODP é usada por varios sitios web, máquinas de procura e directorios. Pode atopar unha lista aquí. O ODP non controla cando actualizan os seus datos estes sitios. A licenza do ODP contén datos adicionais.

Para permitir a Netscape Communications Corporation tomar accións apropiadas en caso de violacións por terceiras partes, e en consideración pola oportunidade de participar no Open Directory Project, vostede outorga a Netscape o copyright de calquera material (xa sexa descricións de ligazóns, correo electrónico, comunicados, organización do directorio ou outros) que cree e envíeao ODP ou que creará e enviará ao ODP no futuro. Con todo, entende que Netscape ao mesmo tempo outórgalle unha licenza non exclusiva, libre de pago para usar calquera material que cree e envíe ao ODP. Ademais vostede garante que ten todos os dereitos necesarios para autorizar ou redistribuír calquera material que envíe ou enviará para a súa inclusión ou uso no ODP. Vostede deberá prover a información que Netscape razoablemente solicítelle relacionada a calquera reclamo de que a información que envíe infrinxa os dereitos dunha terceira persoa.


Nada nesta Guía crea unha base para ningún reclamo legal contra o ODP ou Netscape Communications Corp. ou calquera dos seus afiliados, empregados, executivos ou directores. A cambio da oportunidade de servir como editor voluntario, vostede acorda evitar calquera reclamo que se relacione a, apareza de, ou se propoña aparecer do seu estado ou actividades como editor.

Nós exercemos unha ampla discreción editorial ao determinar o contido e estrutura do directorio. Podemos rexeitar, borrar ou editar os envíos á nosa soa discreción editorial. Podemos cambiar esta Guía e calquera outra política do ODP en calquera momento, con ou sen aviso.