In Partnership with AOL

DMOZ: Open Directory Project

O editar no ODP pode ser unha experiencia divertida e gratificante. Ao unirse ao ODP, está axudando a construír o Directorio máis completo e amplamente distribuído da Web. O ODP é unha comunidade diversa de editores que representan a moitas nacionalidades, culturas e intereses. O común denominador é un interese por crear un recurso imparcial e obxectivo para o público en xeral, que cubra de xeito completo o máis amplo e profundo do coñecemento humano, e que represente todos os temas e puntos de vista.

A Guía do Directorio subliña os principios e estándares que gobernan o contido editorial e a actividade comunitaria no ODP. Agárdase que todos os editores sigan esta guía, e utilícena como unha base para realizar boas decisións editoriais e xuízos con sentido común. Aínda que existen aquí algunhas políticas que son definitivas, moitas son o suficientemente xerais para permitir circunstancias únicas e especiais. Aínda que é crítico que Vostede siga esta guía, é igualmente importante que non a aplique dunha forma tan ríxida que sacrifique a facilidade de uso polo usuario en favor dunha pureza editorial. Utilice esta guía como unha base para as súas decisións editoriais do mesmo xeito que as recomendacións de categorías específicas. Lembre sempre pensar no usuario final.

A guía amosa bases de edición, e non trata todos os problemas de edición e circunstancias especiais posibles. Os editores deberán consultar a Editor Resource Zone que ofrece guías adicionais, exemplos e outros trucos, consellos e tutoriais. Se aínda ten dúbidas, logo de consultar estes recursos, publíqueas nalgún dos foros de editores. Os Non-editores deberán consultar o Foro Público de ODP, onde se atopan editores dispostos a contestar calquera pregunta que teña sobre o ODP.

A continuación descríbese cada sección desta guía.

Seleccionando e avaliando sitios web

Describindo sitios web

Organizando sitios web

Mantemento de ligazóns

Información do editor