Val do Dubra é un concello da Provincia da Coruña. Pertence á Comarca de Santiago. O concello creouse en 1835 coa denominación de Buxán (que corresponde á parroquia de Buxán). En 1960 cambiou o seu nome ao actual de Val do Dubra. A casa do concello estaba situada en Buxán, trasladándose a principios do século XX á Corredoira (Bembibre). A principios dos anos vinte estableceuse en Casal (Niveiro), pasando a Bembibre en 1924. Coa República trasladouse ao lugar da Taboada e en 1958 instalouse definitivamente no seu actual emprazamento.
Por favor, suxira unicamente sitios que se atopen redactados en lingua galega, e que traten temas relativos ó concello coruñés Val do Dubra.