Open Directory Project
que é dmoz | axuda

Top: World: Galego: Lingua_galega

Categoría para acoller aquelas páxinas que achegan información xeral sobre a lingua galega (historia, situación actual...), así como a actualidade lingüística do país.

Asociacións

Categoría específica para acoller as páxinas daqueles colectivos, asociacións, grupos de traballo... que traballan pola normalización lingüística, a defensa dos dereitos lingüísticos e, en xeral, por un maior uso e presencia social do idioma galego.

Bibliografía

Categoría específica para acoller aquelas páxinas con listados con bibliografía sobre a lingua galega. Tamén para bases de datos bibliográficas.

Día das Letras Galegas

Categoría creada para recoller as páxinas que informan sobre o Día das Letras Galegas: historia, autores homenaxeados...

Educación

Categoría creada para albergar todas aquelas páxinas cuxa finalidade sexa didáctica: cursos de lingua en liña, exercicios, recursos formativos...

Eventos

Categoría aberta para anunciar congresos, encontros, cursos, xornadas de debate... que estean por celebrar en Galicia ou fóra de Galicia, e que estean enfocadas á abordaxe do sistema lingüístico galego en calquera dos seus eidos de estudio. Tamén aqueloutros que polas súas características poidan resultar de interese igualmente ou vaian contar con participación galega.

Galego exterior

Categoría específica para aquelas páxinas que dan a coñecer e reivindican a situación da lingua galega alén das fronteiras administrativas de Galicia.

Grupos de novas, roldas de distribución

Categoría específica para indexar aqueles grupos de novas (foros) e roldas (listas de distribución) creadas en internet para a opinión e o intercambio de información entre os interesados en temas que afecten á lingua galega. Moitas delas poden pertencer a asociacións e colectivos xa rexistrados na súa categoría específica.

Normalización lingüística

Categoría específica para aqueles servicios e/ou departamentos que realizan tarefas de asesoramento e normalización da lingua nun ámbito de actuación determinado.

Onomástica

Categoría creada para acoller aquelas páxinas que aborden a onomástica galega (toponimia, antroponimia...) desde calquera punto de vista: recompilación de nomes propios, estudio e investigación...

Organismos e institucións

Categoría aberta para acoller as páxinas de organismos oficiais, centros de estudio e investigación, departamentos universitarios... (de Galicia ou fora de Galicia) que teñan como obxectivo ou razón de ser o estudio, difusión e/ou promoción da lingua galega.

Propostas e iniciativas

Categoría específica para singularizar as páxinas daquelas propostas, inciativas, proxectos... que teñen que ver coa lingua galega, independentemente de que proveñan de organismos oficiais ou colectivos de todo tipo xa considerados noutras categorías.

Proxectos

Categoría creada para acoller aqueles proxectos electrónicos ou con presencia na rede que teñen como referente principal a lingua galega: proxectos de normalización lingüística e incremento do uso e presencia do idioma, proxectos de lingüística computacional e aplicada, proxectos co fin de facilitar o acceso a recursos galegos...

Páxinas persoais

Páxinas persoais en galego.
Categoría aberta para as páxinas creadas por investigadores, escritores, docentes... e público en xeral que estea interesado ou aborde a lingua galega en calquera das súas vertentes.

Recursos

Categoría específica para acoller aqueles recursos, fundamentalmente publicacións, electrónicos ou en liña que están presentes na rede para dotalos dunha maior difusión ou accesibilidade.

Terminoloxía

Categoría onde teñen cabida os webs dos grupos de traballo en terminoloxía e linguaxes de especialidade en lingua galega.

Weblogs

Categoría creada para albergar todo aquel caderno de bitácora cuxa temática teña que ver coa lingua galega.

    Copyright © 1998-2006 Netscape

Última actualización: Sábado 3 de Abril de 2004 ás 19:18 - editar